Lendo mil vidas

De Abercrombie a Sanderson pasando por Paco Ignacio

Best Served Cold Despois de fulminar El despertar del Leviatán, La guerra de Calibán y La puerta de Abadón de James S.A. Corey, tocaba un cambio de rexistro, así que tirei dun autor que non defrauda. Novelón, para variar, de Joe Abercrombie. Nin heroes nin farrapos de gaita. Unha mercenaria escarallada, vengativa e desapiadada, xúntase cunha tropa de moito coidado. O sangue --e mesmo a maxia, xaora-- corre sen miramentos. Na súa fantástica liña. La mejor venganza (Best Served Cold, xuño de 2009) é a súa primeira independente, pero ambientada no mundo da triloxía The First Law, anos máis tarde. Personaxes coma Caul Escalofríos, Carlot dan Eider ou Nicomo Cosca (e algunha sorpresiña maís), teñen aquí tamén o seu protagonismo en maior ou menor medida. Aperitivo imprescindible, xunto con The Heroes, Red Country e Sharp Ends, para a vindeira triloxía da serie que empeza a publicarse en setembro do 2019.

Algunas nubes Antes de meterme co prolífico Brandon Sanderson, tirei doutro dos meus xéneros preferidos, e doutra serie de moitos anos atrás que tiña pendente. Nesta ocasión o detective Héctor Belascoarán Shayne non me encheu tanto como fixera nos seus dous primeiros casos: Días de combate e Cosa fácil. En Algunas nubes el mesero (Paco Ignacio Taibo II) no me sirvió buenos tacos, güey!

Elantris Tras da lectura do primeiro da serie The Reckoners, Steelheart, busquei máis información de Brandon Sanderson, que ata ese momento era descoñecido para min. E... ai, mi madriña! O que leva escrito este home, que barbaridade! Non sabía por onde tirar. Sagas, series, mundos enteiros, xéneros distintos... Ata que alguén me dixo que Elantris era autoconclusivo. E mira ti por onde o tiña no andel collendo po (virtual neste caso). Ao igual que Steelheart, adquirírao vai tempo nunha oferta de Lektu (que vende sen DRM). Así que niso ando. Aínda non me pronuncio, recén o empezo.