Mirando mil vidas

De Annihilation a Vikings pasando por Lost

Annihilation

Gustoume Aniquilación. Unha desas ocasións nos que a peli --que hai uns días nin sabía dela-- me mellora o libro (neste caso o primeiro da triloxía Southern Reach de Jeff VanderMeer). Púxome forma nas cousas extremadamente estrañas onde o maxín non da feito ao ler (o mesmo que coa "protomolécula" en El despertar del Leviatán de James S.A. Corey e a serie de TV The Expanse). Fotograficamente pareceume unha pasada. O libro tamén me gustou, ollo, pero ten pasaxes ben espesos. De feito creo que a xente que non leu o libro, non debeu entender moito o filme. Para min, valeu. E valeu ben.

Lost

E mentres agardo a que finalice a quinta de Vikings (non aguanto ir capítulo a capítulo nas series que me gustan, son máis de sobredose) vou mirando --aos poucos e entre outras-- Lost, que sen tempo non era. Cacho enleada teñen montada na illa esa! Ao final vai resultar que ten máis habitantes que Melbourne. Da para facer brincadeiras a esgalla, pero entretén, que é do que se trata.

Vikings